Análise comparativo da técnica do paso de vallas en 100m vallas e 3000m obstáculos en categoría masculina.

Análise comparativo da técnica do paso de vallas en 100m vallas e 3000m obstáculos en categoría masculina

Comprobamos que nestas dúas destrezas os corredores pasan de diferente forma a valla pese a ser o mesmo obstáculo o que teñen que pasar. Ainda que a altura da valla cambia, en 110m vallas mide 106cm de altura e en 3000m obstáculos 91,4cm.



Podemos observar bastantes diferencias entre o paso de vallas nas que as dividimos nos seguintes puntos.

Para realizar esta análise, fixemos un rexistro de atletas nestas dúas destrezas, nas que en primeiro lugar observamos en xeral todos os atletas pero despois para realizar un análise máis específico observamos atletas concretos.

En 3000m obstáculos vimos dúas finales nas que nos fixamos nos ganadores kenianos, Ezekiel Kemboi e Kipruto, nos ganadores de 110m vallas Oliver e Omar Mcleod.

Observamos atletas en 110m tamén como: Ao español Orlando Ortega, o estadounidense R. Wilson, o francés Bascou.


En 3000m obstáculos observamos a: O estadounidense Jager, ao francés Mekhissi, Elbakkali e Birech

Para realizar un estudo sobre as diferenzas do paso de valla en 110m e 3000m obstáculos, realizamos unha análise previa entre os atletas de cada destreza para facernos unha idea do paso de valla xeral en cada competición, observando diferenzas entre eles.

- Técnica individualizada

Na final de 110m de Rio centrámonos nos atletas Mcleod, Orlando Ortega e o francés Bascou. Observamos que o jamaicano Mcleod durante o paso de valla non flexiona o tronco cara adiante levando unha posición máis ríxida tanto de tronco coma de brazos en contraposición aos outros dous atletas que levan unha posición similar de tronco e brazos.

Na final de 110m de Moscú, observamos aos atletas R. Wilson ao atleta Oliver e ao atleta da pista nº1. A diferenza máis chamativa que vimos foi que o atleta da pista nº1 levanta ambos brazos máis do normal.

En 3000m obstáculos.

Na final de Londres 2012 centrámonos nos corredores Kemboi, Mekhissi e Jager. Observamos que dependendo do momento ou da situación da proba, saltan dunha forma ou outra, ainda que durante toda a proba saltaron coa mesma técnica, o único que vimos no que varía era nas pernas xa que canto mías transcorría a proba saltaban con máis desganas polo cansancio.

Final Londres 2017 observamos aos atletas Kipruto, Elbakkali e o keniata Birech, unha das diferenzas que vimos foi que o atleta Birech no paso de valla realiza un paso desplazando as pernas cara un lado case realizando un anǵulo de 90 grados. Polo xeral, os outros dous atletas realizan o paso de valla case idéntico, e igual que o resto polo cansancio realizan un paso de valla menos técnico.
 

Conclusión


Despois de realizar un estudo individualizado sobre o paso de valla de cada atleta, realizamos unha conclusión sobre o paso de valla en cada destreza no que chegamos a estas conclusións en comparación do que puidemos observar nos atletas de cada competición.


- Punto de batida

 En 110m vemos que os corredores buscan un punto concreto de batida, que non esteña moi cerca da valla para así non realizar unha parábola no salto, nin moi lonxe xa que teñen que teñen que pasar a valla, teñen un punto concreto individualizado para ter un paso o máis plano posible para seguir correndo.

En 3000m obstáculos, para realizar o paso de valla, vemos que apuran máis o punto de batida xa que non buscan a velocidade, teñen como obxectivo prioritario o paso de valla.

- Técnica do paso de valla

En 100m vallas, vemos que a perna de ataque pasa a valla extendida, co corpo inclinado cara adiante e co brazo oposto a perna de ataque levado cara adiante buscando a punta do pé. A perna de impulso, vai flexionada e no momento de pasar a valla vai perpendicular ao suelo.

En 3000m obstáculos, vemos bastantes diferencias respecto a 100m vallas, os atletas non se preocupan de levar a perna de ataque extendida senon que a levan flexionada ou incluso en algunhas ocasión apoian o pé na valla para pasala con máis facilidade e coller algo máis de impulso. A perna de impulso tamén vai flexionada pero os atletas xiran cara fóra o xeonllo para facilitar o paso de ésta. Respecto ao tronco e a posición da cabeza, o corpo vai un pouquiño botado cara adiante e ca cabeza mirando cara abaixo. O brazo de perna de ataque vai estirado cara abaixo e o da perna de impulso vai cara atrás e aberto buscando o equilibrio no salto.

Bibliografía:

3000m London 2012

3000m London 2017

110m Moscú 2013

110m Rio 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Salto de longitud y triple salto

SALTOS Después de analizar detenidamente los saltos de pértiga y altura, quedan por ver los de longitud y triple salto; de los cuales pasa...